PALMEIRA ACOLLERÁ UN TROFEO DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO A BENEFICIO DAS ORGANIZACIÓNS BENÉFICAS DO MUNICIPIO RIVEIRENSE

PALMEIRA ACOLLERÁ UN TROFEO DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO A BENEFICIO DAS ORGANIZACIÓNS BENÉFICAS DO MUNICIPIO RIVEIRENSE

Escrito el 19/12/2019


O calendario deportivo de Nadal no municipio vai contar cunha nova iniciativa que terá ademais un carácter benéfico: trátase do Primeiro Trofeo Nadal de Fútbol Sala Cidade de Riveira que se disputará o sábado 28 de decembro no pavillón polideportivo de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’ a partir das 16 horas.

 

As concelleiras de Deportes e Servizos Sociais do Concello, Juana Brión e Ana Ruiz; e o presidente da Agrupación Futsal Riveira —a entidade promotora da iniciativa— Vicente Fiel, foron quen ofreceron os detalles desta nova actividade que se espera teña continuidade nos vindeiros anos.

 

A idea xurdiu entre os membros da Agrupación Futsal Riveira, que se encargan nos últimos tempos da organización do campionato local de fútbol sala (todo un referente con 28 edicións ás súas costas) coa intención de encher un oco no tradicional parón navideño. Vicente Fiel quixo agradecer á Concellería de Deportes encabezada por Juana Brión por recoller a idea, que se materializará nun torneo no que, aínda que o prazo de inscrición aínda está aberta, xa conta con equipos apuntados tanto de Riveira como de Rianxo en categorías masculinas e femininas.

 

Doazóns

A inscrición e gratuíta e aberta e tanto para poder disputar o trofeo como para ser espectador o que se solicita é a doazón de alimentos non perecedoiros, xoguetes novos e material escolar. A este respecto, Ana Ruiz avanzou que o recadado será distribuído entre as asociacións benéficas local que colaboran cos Servizos Sociais de Riveira, concretamente Cáritas, Cruz Vermella, ICE Renovación e Dignidade Riveira.

 

En canto ás características da competición, será un torneo express con partidos moi curtos para darlle participación a todo o mundo, segundo recalcou Vicente Fiel. A videira semana daráselle forma ao calendario.