O MERCADO DE NADAL DA POSTA DO SOL ABRIRÁ MAÑÁ ÁS SÚAS PORTAS CON 16 POSTOS

O MERCADO DE NADAL DA POSTA DO SOL ABRIRÁ MAÑÁ ÁS SÚAS PORTAS CON 16 POSTOS

Escrito el 19/12/2019


A praza da Porta do Sol vai contar a partir de mañá venres ás 18 horas cun Mercado de Nadal no que se despregarán un total de 16 postos.

 

Os visitantes poderán mercar adornos e plantas de Nadal, doces de Nadal, regalo, téxtil, artesanía, marroquinería, xoiería e libraría. Ademais, terán a ocasión de degustar crepes, chocolate, viño quente, doces de Nadal… Ademais dos 16 postos contará cunha zona infantil aberta de 11.30 a 13.30 horas onde se desenvolverán obradoiros de adornos de Nadal con materiais naturais e de reciclaxe totalmente gratuítos.

 

Cómpre destacar que os contidos do mercado se irán intercambiando con outra instalación similar en Vilagarcía para conferir unha maior variedade aos produtos en venda.

 

Inauguración

Tal como se apuntou, a inauguración terá lugar mañá venres ás 18 horas. Ás 18.30 horas terá lugar un obradoiro gratuíto de guirnaldas de Nadal dirixido a todos os públicos.

 

Ademais, o sábado 28 de decembro dará cabida a partir das 18 horas a outro obradoiro gratuíto de menú de fin de ano saudable coa nutricionista Laura Rial. Incluirá degustación.

 

O horario do mercado será de 11 a 14 e de 16 a 21 horas. Desenvolverase todos os días ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.