INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS PEGADAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO EN BARBANZA, ESTE SÁBADO NO CONSISTORIO DE RIVEIRA

INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS PEGADAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO EN BARBANZA, ESTE SÁBADO NO CONSISTORIO DE RIVEIRA

Escrito el 19/12/2019


A Casa Consistorial de Riveira vai ser o primeiro destino dunha exposición itinerante que, baixo o título “As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe”, reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, itinerario cuxa presentación en sociedade está prevista para hoxe á tarde na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

 

A mostra no consistorio riveirense será inaugurada este sábado 21 de decembro ás 13 horas. Está organizada pola Asociación do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe e ten como comisario a Antonio González Millán.

 

A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Riveira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dordro, Padrón, e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza.

 

A mostra exhibirase ata o 6 de xaneiro.