A Deputación da Coruña estudará o proceso de contratacións para evitar baixas acusadas que perxudiquen a calidade das obras 


A Deputación da Coruña estudará o proceso de contratacións para evitar baixas acusadas que perxudiquen a calidade das obras 


Escrito el 19/12/2019


A Deputación da Coruña convocará unha Xunta de Portavoces para avaliar os proceso de contratacións e estudar as baixas acusadas que están a producir a aplicación dos pregos.



Unha Xunta de Portavoces extraordinaria, xunto co deputado de Contratación, Xosé Lois Penas, e cos servizos técnicos da Deputación, tratará en profundidade os criterios de adxudicación de contratos despois de que responsábeis dos gobernos municipais e asociacións representantes do sector da construción comunicaran á membros do goberno a preocupación polas baixas acusadas que se están a producir nas contratacións.



"Desde o Goberno da Deputación estudaremos polo miúdo a situación e buscaremos as opcións máis favorábeis para a mellor execución das obras facendo unha ponderación entre calidade e prezo", sinalou o vicepresidente Xosé Regueira.



"Desde a Deputación da Coruña facémonos eco da preocupación dos alcalde e alcaldesas dos concellos da provincia e estudaremos con criterios técnicos e xurídicos as vías para que os procesos de contratación camiñen cara a mellora da execución das obras tal e como marca a Lei de Contratos, que esixe facer unha ponderación entre calidade e prezo",  destaca Xosé Regueira para explicar ás razóns que levan á convocatoria dunha Xunta de Portavoces sobre os criterios de contratación da institución.