ALUMNADO DO COLEXIO DE PRIMARIA DE CARREIRA VISITA A EXPOSICIÓN “MOMENTOS” DE PACO CASAL NO LUSTRES RIVAS DE RIVEIRA

ALUMNADO DO COLEXIO DE PRIMARIA DE CARREIRA VISITA A EXPOSICIÓN “MOMENTOS” DE PACO CASAL NO LUSTRES RIVAS DE RIVEIRA

Escrito el 20/12/2019


Alumnado do CEP de Carreira estivo a visitar no día de onte a exposición “Momentos” que se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas.

 

O propio artista autor da mostra, Paco Casal, encargouse de realizar unha visita guiada e aproveitou para falarlles aos cativos das técnicas de gravado.

 

En “Momentos” achéganse preto de trinta obras variadas en canto a técnica e formato, tales como acrílicos ou gravados sobre linóleo, gravados 3D sobre papel artesanal ou gravados ao ácido ou en talla pvc ademais de barrís ou toneis con pintura sintética e esmaltes para exterior, moitas delas seleccionadas ou premiadas en certames como a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes-Riveira.

 

A mostra estará exposta ata o 4 de xaneiro.