FEIJÓO DESTACA O LIDERADO DO SECTOR CONSERVEIRO GALEGO BASEADO NA CALIDADE E NA INNOVACIÓN PERMANENTE

FEIJÓO DESTACA O LIDERADO DO SECTOR CONSERVEIRO GALEGO BASEADO NA CALIDADE E NA INNOVACIÓN PERMANENTE

Escrito el 20/12/2019


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o liderado do sector conserveiro galego baseado na calidade e na innovación permanente.

 

Durante o acto de homenaxe con motivo do 90 aniversario do presidente de honor e fundador de Jealsa, Jesús Alonso Fernández, Feijóo referiuse a esta empresa como exemplo da competitividade das conserveiras galegas, que souberon apostar pola apertura aos mercados exteriores e pola innovación e a renovación constante.

 

O presidente da Xunta sinalou que a empresa boirense converteuse ao longo destes anos nun axente impulsor de toda a zona do litoral do Barbanza, xerando emprego e riqueza, con máis de 2000 empregados en Boiro e máis de 5.000 en todo o cadro de persoal.

 

O responsable do Executivo autonómico, concluíu a súa intervención felicitando ao fundador de Jealsa polos seus 90 anos cheos de éxito e compromiso con Galicia e por unha empresa que medra, pero que o fai sabendo perdurar no tempo e mantendo o seu carácter familiar. “Estamos a falar dun empresario adiantado ao seu tempo, que viu que para triunfar non fai falla saír de Galicia”, abundou.