A Igrexa de San Pedro de Tállara (Lousame) acollerá este domingo un Concerto de Panxoliñas con tres agrupacións da comarca

A Igrexa de San Pedro de Tállara (Lousame) acollerá este domingo un Concerto de Panxoliñas con tres agrupacións da comarca

Escrito el 20/12/2019


O Concello de Lousame organiza este domingo 21 de decembro, ás 20:00 horas, unha nova edición do Concerto de Panxoliñas, que terá lugar na Igrexa de San Pedro de Tállara. Unha xornada musical na que participarán tres agrupacións musicais da contorna: O Son do Pote, A Dorniña e Liceo de Noia. A entrada é totalmente libre e de balde.

 

Deste xeito, o Concello de Lousame dá continuidade a unha iniciativa iniciada fai dous anos, e cada ano o público vai en aumento. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, convida a toda a veciñanza a asistir a este concerto de panxoliñas, “onde poderán compartir unha tarde de ocio e desfrutar de distintos estilos musicais, entre os que destacan as panxoliñas de Nadal”.