LICITADA A PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS NA RÚA DA CRUZ EN AGUIÑO

LICITADA A PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS NA RÚA DA CRUZ EN AGUIÑO

Escrito el 20/12/2019


O Concello de Riveira informa de que hoxe mesmo se acaba de licitar unha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz en Aguiño.

 

Na actualidade o pavimento desta vía, que está feito de aglomerado asfáltico, atópase en mal estado, mentres que a rede de augas pluviais resulta deficitaria ao producirse con certa frecuencia atascos e inundacións na calzada.

 

Para poñer solución a estas eivas, técnicos do concello redactaron un proxecto que inclúen os seguintes traballos:

 

  • Instalación dunha nova tubaxe de pluviais de 315 milímetros de diámetro e 368 metros de longo no centro da calzada, con arquetas sumidoiro (28 en total) nos laterais. Haberá 10 pozos de rexistro cada 40 metros aproximadamente.
  • Pavimentación cunha mestura bituminosa en quente nunha superficie de 2.146 metros cadrados.

 

O importe da actuación ascende a 69.933,38 euros, IVE incluído, financiado no marco do POS+ 2018 da Deputación. O prazo de execución son dous meses.

 

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata a medianoite do 9 de xaneiro de 2020 a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).