DEZ EQUIPOS DISPUTARÁN O TROFEO DE NADAL DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO CIDADE DE RIVEIRA

DEZ EQUIPOS DISPUTARÁN O TROFEO DE NADAL DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO CIDADE DE RIVEIRA

Escrito el 26/12/2019


Un total de dez equipos disputarán o vindeiro sábado 28 de decembro o Primeiro Trofeo de Nadal de Fútbol Sala Solidario Cidade de Riveira que se disputará no pavillón polideportivo de Palmeira ‘Alcalde Torres Colomer’ a partir das 16 horas. O evento está organizado pola  Agrupación Futsal Riveira coa colaboración do Concello a favor das organizacións benéficas do municipio.

 

A distribución do torneo queda do seguinte xeito:

 

CATEGORÍA MASCULINA:

 

Grupo A:

 

1- Alameda 3.0

2- Café Bar Allameda /Publicolor

3- Tour Galicia/Bar Retablo

4- Triñanes/Café Bar Alameda

 

Grupo B:

 

1- Los Warriors

2- Stop Pobreza

3- Max China

4- Restaurante Alján/O Castro

 

CATEGORÍA FEMININA:

 

1- Deco Daniel

2- Pescados Mary Mar

 

 

CALENDARIO:

 

16:00- ALAMEDA 3.0 - TOUR GALICIA/BAR RETABLO

16:20- TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA - CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR

16:40- LOS WARRIORS - MAX CHINA

17:00- RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO - STOP POBREZA

17:20- DECO DANIEL - PESCADOS MARY MAR

17:40- TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA - TOUR GALICIA/BAR RETABLO

18:00- CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR - ALAMEDA 3.0

18:20- RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO - MAX CHINA

18:40- STOP POBREZA - LOS WARRIORS

19:00- PESCADOS MARY MAR - DECO DANIEL

19:20- TOUR GALICIA/BAR RETABLO - CAFÉ BAR ALAMEDA/PUBLICOLOR

19:40- ALAMEDA 3.0 - TRIÑANES/CAFÉ BAR ALAMEDA

20:00- MAX CHINA - STOP POBREZA

20:20- LOS WARRIORS - RESTAURANTE ALJÁN/O CASTRO

 

20:40- SEMIFINAL 1° GRUPO "A" - 2° GRUPO "B"

21:00- SEMIFINAL 1° GRUPO "B" - 2° GRUPO "A"

21:20- DECO DANIEL - PESCADOS MARY MAR

 

21:45- GRAN FINAL ENTRE OS GAÑADORES DAS SEMIFINAIS

 

22:00- ENTREGA DE TROFEOS

 

Tanto os equipos participantes e o resto de implicados na organización do torneo (árbitro, adestradores, etc.) como o público que se achegue ata as instalacións de Palmeira deberán aportar un xoguete novo, material escolar ou alimentos non perecedoiros que irán destinados a asociacións colaboradoras cos Servizos Sociais de Riveira.