UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA NO MUNICIPIO

UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA NO MUNICIPIO

Escrito el 26/12/2019


O municipio riveirense conta cunha nova veciña centenaria: trátase de Purificación Pérez Sampedro, de Aguiño, que cumpriu un século de vida no día de onte, coincidindo coa festa de Nadal.

 

Ata o seu fogar se desprazaron esta mañá o alcalde Manuel Ruiz e a conselleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, para felicitala por un aniversario tan sinalado, ademais de entregarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa.