Un total de 624 persoas participarán este domingo no III Trail e Andaina Solidaria Minas de San Finx de Lousame

Un total de 624 persoas participarán este domingo no III Trail e Andaina Solidaria Minas de San Finx de Lousame

Escrito el 26/12/2019


Un total de 634 participarán este domingo 29 de decembro na terceira edición do Trail San Silvestre “Minas de San Finx” e a Andaina Solidaria coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), organizadas polo Concello de Lousame en colaboración co Club Lousame Deporte. Unha vez pechadas as inscricións, 309 atletas de toda Galicia tomarán parte do Trail e 304 persoas participarán na andaina, mentres que o Pequetrail contará con 7 participantes e catro persoas optaron polo Dorsal 0.

 

A fin de semana deportiva en Lousame comezará o sábado 28, ás 16:15 horas, coa primeira edición do Pequetrail, no que os sete participantes afrontarán un circuíto adaptado ás súas idades na contorna do polideportivo municipal da Silva. Así mesmo, entre as 18:00 e as 20:00 horas poderanse recoller os dorsais do trail e da andaina na Casa da Cultura onde, a partir das 19:00 horas, terá lugar a charla coloquio “O mundo do trail running”, dirixida polo xornalista Terio Carrera e coa participación dos atletas María Ferreiro, Samuel Saborido, Aroa Sío, Rubén Martínez e Blas Rodríguez. Ás 18:45 horas terá lugar a charla técnica sobre o trail, no que se darán consellos sobre a proba, e ás 19:00 horas entregaranse os trofeos do Pequetrail.

 

Domingo

 

O III Trail de Lousame terá lugar o domingo 29 de decembro e incluirá dúas modalidades: un Trail Longo de 25 km cun desnivel positivo de 1.000 metros e un Trail Curto de 15 km e un desnivel máis accesible (400 metros positivos). Ambos partirán das Minas de San Finx, ás 10:00 e ás 10:45 horas, para chegaren á meta instalada no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva).

 

As dúas probas compartirán un percorrido común nos seus primeiros 6 quilómetros, ata Ponte Gaiteira, que serán os mesmos realizados nas dúas edicións anteriores. En Ponte Gaiteira, o Trail Longo desviarase cara Vilacoba e enlazará con parte do percorrido realizado no I Trail Nocturno de Lousame o pasado verán. Así, os participantes percorrerán Servia, Culou, Toxosoutos, Cabanetán, dende onde percorrerán canda o río Capitán cara Béxeres, O Castro (onde pasarán por diante das papeleiras de Fontán) ata chegar ao polideportivo da Silva. Pola súa banda, o Trail Curto desviarase dende Ponte Gaiteira cara Aguieira, Seoane, Aldeagrande, Filgueira, Maxide e o polideportivo Pilar Barreiro Senra.

 

Pola súa banda, os 304 participantes na III Andaina “Minas de San Finx”, evento solidario en favor da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), percorrerán 14 km de dificultade baixa. A proba, que sairá ás 10:30 horas do poboado mineiro, fará un percorrido de 14 km por Gandarela, A Filgueira, A Portela, Tálllara, Berrimes e A Silva.

 

Aquelas persoas que non recolleran os seus dorsais o sábado, poderán facelo o domingo  entre as 8:00 horas e as 9:15 horas no propio polideportivo Pilar Barreiro Senra. Autos Comparado porá a disposición dos participantes un servizo de autobuses entre o polideportivo e as Minas de San Finx para desprazar os participantes no Trail Longo e na Andaina (entre as 8:30 e as 9:15 horas) e para os participantes no Trail Curto (ata as 10:10 horas), que poderán recoller os dorsais entre as 8:00 e as 10:00 horas.

 

Os trofeos, unicamente na modalidade de trail, serán entregados ás 14:00 horas no polideportivo da Silva. Haberá trofeos para os/as 3 primeiros/as clasificados/as no trail curto e no trail longo, así como trofeos para os/as atletas máis veteranos/as. Tamén se entregará un trofeo ao club con maís participantes. A empresa Viajes Alma Gaia & Galicia E+ entregarán dous trofeos aos gañadores, masculino e feminino, do trail longo: un tótem do xabarín, relacionado coa mitoloxía celta e que simboliza a fortaleza, o esforzo, a vontade,  a valentía e a dureza, virtudes que deberán posuír os gañadores do trail. Ademais, sortearanse produtos artesanais elaborados en Lousame entre todas as persoas participantes, así como prendas técnicas de Lurbel e Hoka One One.

 

Dende o Concello de Lousame e dende o Club Lousame Deporte agradecen a colaboración e patrocinio ofrecido por Autos Comparado, Lurbel Precision Garment, Hoka One One, Nosa Infraestructuras e Fermín Simal SL. De feito,