A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TRAMOS INTERURBANOS DOS RÍOS CATALÁN E RATEIRA, NO CONCELLO DE MUROS

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TRAMOS INTERURBANOS DOS RÍOS CATALÁN E RATEIRA, NO CONCELLO DE MUROS

Escrito el 29/12/2019


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos dos ríos Catalán e Rateira ao seu paso polo concello de Muros.

 

Os traballos que Augas de Galicia está executando coinciden coas tramos destes ríos ao seu paso polos lugares do Outeiriño e Ponte Nova, nas parroquias de Serres (San Xoán) e Abelleira (Santo Estevo).

 

Estas intervención de mantemento nos treitos interurbanos destes ríos céntranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

 

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as súas condicións naturais dos ecosistemas dos ríos.