EXITOSO FESTIVAL DE NADAL NO AUDITORIO DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE RIVEIRA 


EXITOSO FESTIVAL DE NADAL NO AUDITORIO DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE RIVEIRA 


Escrito el 30/12/2019


No marco da programación de Nadal, a Asociación de Amas de Casa de Riveira viviu onte pola tarde un exitoso festival que como é habitual recalou por estas datas no Auditorio Municipal.

 

Nesta ocasión, o evento, repleto de música e baile tradicional, contou coas actuacións das Cantareiras de Amas de Casa, As Garridiñas de Castiñeiras, As Silvareiras de Corrubedo, As Rouxeiras, Ferreriños, As Ferreñas e das pandereiteiras da entidade.