Noia celebrará mañá martes a XVI San Silvestre, que recollerá alimentos para Cáritas

Noia celebrará mañá martes a XVI San Silvestre, que recollerá alimentos para Cáritas

Escrito el 30/12/2019


A Alameda de Noia será a saída e meta da XVI San Silvestre de Noia, organizada polo Club Atletismo Noia en colaboración co Concello e que este ano ten unha fin solidaria: a recollida de alimentos para as persoas usuarias dos servizos de Cáritas no municipio.

 

Unha iniciativa que comezará ás 17:00 horas e á que poden achegarse todos os veciños e veciñas de Noia, corran ou non, para colaborar coa achega de produtos alimenticios correctamente envasados, que non estean caducados nin teñan superado a súa data de consumo preferente. Todo o recollido será entregado ás persoas responsables de Cáritas Noia, que os repartirán nos primeiros días de xaneiro entre os seus 234 usuarios e usuarias.

 

A carreira non terán carácter competitivo e sairá da Alameda para percorrer o casco antigo, seguir polo paseo marítimo e volver fronte á casa do concello. Un percorrido pensado para fomentar a participación de calquera persoa, independentemente da súa idade ou condición física.