DEZAOITO CATIVOS RECIBIRON CADANSEUS DIPLOMAS TRAS ASISTIR AO NADAL INFORMÁTICO

DEZAOITO CATIVOS RECIBIRON CADANSEUS DIPLOMAS TRAS ASISTIR AO NADAL INFORMÁTICO

Escrito el 03/01/2020


A Aula CeMIT de Riveira acolleu este mediodía a entrega de diplomas aos 18 nenos e nenas que, distribuídos en dous grupos, estiveron a participar nestas festas nos cursos do Nadal Informático organizados polo Concello.

 

A edil de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do profesor Manuel Bello, encargouse da entrega destes diplomas e desexou aos pequenos que as clases lles resultasen do seu agrado.

 

Once dos rapaces participaron no curso “Iníciate na informática” dirixido a alumnos de entre 7 e 10 anos. Os outros sete o fixeron en “Retoca as túas fotos”, para estudantes de 11 a 14 anos.

 

Ambas accións, totalmente gratuítas, tiveron lugar do 23 de decembro ata hoxe 3 de xaneiro.