OS CURSOS DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS CONTARON CON 28 ASISTENTES

OS CURSOS DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS E OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS CONTARON CON 28 ASISTENTES

Escrito el 03/01/2020


O Viveiro de Empresas de Riveira foi escenario hoxe do acto de clausura e entrega de diplomas dos cursos de “Hixiene alimentaria e manipulación de alimentos” e “Operador/a de carretillas elevadoras” organizados gratuítamente polo Concello a través da Concellería de Promoción e Dinamización Económica.

 

En total, participaron 28 asistentes, o máximo do aforo en ambos casos: 18 no de manipulación de alimentos e 10 no de de carretilleiro/a. De feito, tal foi a aceptación dos cursos que houbo que facer un sorteo público en ambas modalidades, xa que o número de inscritos no primeiro foi de 30 veciños e no segundo de 43.

 

O concelleiro Ramón Doval encargouse da entrega de diplomas nestas accións formativas que se veñen celebrando anualmente dende o ano 2016, sempre con gran número de participantes.