UN TOTAL DE 75 PEQUENOS PARTICIPARON NO FESTIVAL DO NADAL CONCILIA DE RIVEIRA

UN TOTAL DE 75 PEQUENOS PARTICIPARON NO FESTIVAL DO NADAL CONCILIA DE RIVEIRA

Escrito el 03/01/2020


Como vén sendo tradicional o Conservatorio Municipal “Enrique Paisal” acolleu esta mañá o Festival do Nadal Concilia, onde un total de 75 cativos de entre 3 e 8 anos, distribuídos en tres grupos en función da idade, cantaron e bailaron ao son das panxoliñas para deleite das nais, pais e demais familia que se quixeron achegar ata as instalacións.

 

A concelleira de Cultura, María Sampedro, procedeu a entregar a cada neno o seu diploma, uns caramelos e un vale para o sorteo do día da Cabalgata. Estes campamentos principiaron o pasado 23 de decembro, pero aÍnda proseguirán ata o martes 7 de xaneiro para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos seus proxenitores nestas datas de festa non lectivas.