UNHA EXPOSICIÓN PICTÓRICA SOBRE OS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA DESEMBARCA NO CONSISTORIOx

UNHA EXPOSICIÓN PICTÓRICA SOBRE OS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA DESEMBARCA NO CONSISTORIO

Escrito el 08/01/2020


Dende hoxe ata o 14 de febreiro, quen se achegue ata a Casa do Concello de Riveira poderá disfrutar dunha exposición formada por 24 obras inspiradas nos viños da Ribeira Sacra. O seu título, “A Riveira pola Ribeira Sacra”. Trátase dunha mostra elaborada polo binomio creativo que asina baixo o nome artístico Art Gui Glo, composto polo albaceteño Guille de la Paz e a padronesa Gloria López Paz, ambos afincadas en Boiro.

 

A inauguración desta exposición, que conta coa colaboración da Galería O Faiado, contou coas intervencións de Guille de la Paz  e do alcalde Manuel Ruiz tras a introdución de Pastor Rodríguez, estando tamén presentes, entre outros, Eugenia Gómez, de O Faiado; a concelleira Ana Ruiz e os voceiros dos grupos do BNG e PSOE, Xosé Antonio Vázquez e Xosé Manuel Vilas.

 

Esta colección procede de ser exhibida en Santiago de Compostela e a técnica empregada é o óleo sobre distintos soportes como o papel,  tela, o lenzo e a madeira.

 

Guille de la Paz manifestou que á hora de emprender a creación destas obras pintaron “con viño probado en boca” coa fin de reflectir as sensacións que lle producían os diferentes caldos. Cualificou á mostra como “ecléctica e diversa”, tanto nos seus estilos como nas sensacións, gustos, aromas, cores e praceres a que induce o viño.

 

Manuel Ruiz felicitou a Art Gui Glo por este traballo e convidou á veciñanza a que se pase polo consistorio para contemplar e admiralo.