ATA A 28 DE XANEIRO PARA PRESENTAR OFERTAS PARA ACONDICIONAR A ENVOLVENTE TÉRMICA E REFORMAR O INTERIOR DA CASA DA XUVENTUDE

ATA A 28 DE XANEIRO PARA PRESENTAR OFERTAS PARA ACONDICIONAR A ENVOLVENTE TÉRMICA E REFORMAR O INTERIOR DA CASA DA XUVENTUDE

Escrito el 14/01/2020


O Concello de Riveira de que, tal e como esta previsto, xa comezou o prazo de presentación de ofertas para a contratación das obras para o acondicionamento da envolvente térmica e a reforma do interior do edificio da Casa da Xuventude.

 

As empresas interesadas dispoñen ata o 28 de xaneiro á medianoite para formular as súas propostas, que poden tramitar a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

 

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso subsanar e con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico.

 

O documento inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outra de aluminio.

 

En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

 

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a 8 meses.

 

Proxecto e outra documentación:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=639167