O ESTUDO DE CUSTES CONSTATA QUE A XESTIÓN AUTONÓMICA DA EDAR DE COUSO SERÍA ENTRE UN 20 E UN 26,7% MÁIS CARA QUE SE FOSE MUNICIPAL

O ESTUDO DE CUSTES CONSTATA QUE A XESTIÓN AUTONÓMICA DA EDAR DE COUSO SERÍA ENTRE UN 20 E UN 26,7% MÁIS CARA QUE SE FOSE MUNICIPAL

Escrito el 17/01/2020


En cumprimento ao anunciado na xunta de voceiros do pasado martes, os voceiros dos diferentes grupos da Corporación recibiron esta mañá un estudo de custes comparativo no que se reflicten de forma exhaustiva e pormenorizada os importes que para os usuarios suporía unha xestión integral do saneamento por parte do Concello ou ben unha xestión compartida con Augas de Galicia. En todos os escenarios contemplados, a explotación e mantemento da EDAR de Couso por parte da entidade dependente da Xunta de Galicia resultaría en torno a un 20% máis cara que no caso de que esta foxe levada a cabo polo Concello, porcentaxe que se elevaría ata o 26,7% se se efectúa a comparación sen considerar os impostos indirectos do tipo do reducido do IVA.

 

Así, o estudo elaborado por unha empresa especializada, que ten 33 páxinas de extensión, contempla oito escenarios posibles en función de se hai baixo ou alto risco de excesos (no primeiro caso, se estaría asegurando a maior parte dos ingresos vía taxa sobre o consumo mínimo facturable trimestralmente, mentres que no segundo se estaría operando fundamentalmente sobre os excesos), con redución de persoal e con inxección de capital. Diferenza ademais entre se o usuario é doméstico ou industrial. No caso do usuario doméstico, con xestión integral municipal a repercusión mínima mensual máis baixa das posibles para o usuario alcanzaría os 5,66 euros ao mes mentres que con xestión compartida coa Xunta non baixaría do 6,04 euros. A máis alta, 7,06 euros na xestión municipal e 7,44 na xestión compartida.

 

Moito máis notorias son as diverxencias de prezo no caso dos usuarios industriais (fundamentalmente, negocios do sector terciario como bares, restaurantes, etc… non confundir con “grandes consumidores” establecidos no polígono): o suposto máis baixo sería de 5,70 euros/mes para a xestión municipal, mentres que no caso da compartida estaría en 13 euros/mes. E no suposto máis alto, estarían en 7,05 euros e 14,41 euros, respectivamente.

 

 

Despois de expoñer estes datos, o informe conclúe que “a xestión compartida xera un sobrecuste para os usuarios de tipo doméstico de entre o 5,4% e o 6,7% segundo os distintos escenarios; ademais, para o caso dos usuarios de tipo industrial os sobrecustes con xestión compartida se dispararían entre o 105% e o 128% segundo cada escenario.

 

Isto significa que, en termos xerais, a xestión compartida supón un incremento potencial de custes do 10% para o conxunto de sistema de saneamento en función de cada un dos escenarios analizados, cifrándose o aforro potencial a obter no caso de adoptar a xestión integral dende o Concello en torno ao 20% no caso da EDAR de Couso que, como se apuntou antes, se incrementaría ata o 26,7% se de realiza a comparación sen considerar os impostos indirectos do tipo reducido do IVA.

 

Por último, o informe advirte que o estudo foi elaborado para o suposto de que Augas de Galicia asuma a xestión directa, pero no hipotético caso de que encomendase a explotación da EDAR a unha empresa externa que facturase directamente ao Concello, os custes se poderían ver incrementados “substancialmente” ao non depender dunha taxa regrada como son os coeficientes de vertedura.

 

Reunión o 22

Por outra parte, cómpre informar tamén de que tanto os grupos como os veciños afectados foron convocados xa a unha reunión que se celebrará o mércores 22 ás 11 horas na Casa do Concello coa fin de presentar os resultados das auditorías efectuadas pola Xunta de Galicia e polo Concello.