OS TRABALLADORES DA EDAR DE COUSO EXPRESAN A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE A POSIBILIDADE DE QUE SE DIVIDA A SÚA XESTIÓN

OS TRABALLADORES DA EDAR DE COUSO EXPRESAN A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE A POSIBILIDADE DE QUE SE DIVIDA A SÚA XESTIÓN

Escrito el 20/01/2020


Os traballadores da EDAR de Couso acudiron hoxe á Casa do Concello para transmitir a súa preocupación ante a posibilidade de que a xestión da depuradora e dos colectores conducentes á mesma sexa dividida entre varias administracións.

 

Así, seis dos oito operarios que traballan nas instalacións (os outros dous non puideron asistir dado que a EDAR non pode quedar sen persoal en ningún momento) mantiveron primeiramente unha reunión co alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, onde manifestaron sentirse preocupados  pois non ven lóxico que se separe unha parte da infraestrutura da outra. A este respecto, argumentaron que a xestión de toda a infraestrutura está centralizada nun único punto co que carece de sentido que, dun lado, Augas de Galicia se encargue da explotación e mantemento da estación situada en Couso e, do outro, o Concello sexa o responsable dos bombeos, colectores e tanques de tormenta que conectan coa mesma..

 

Logo da xuntanza co alcalde, os operarios mantiveron un segundo encontro con outros dous grupos municipais (BNG e PSdG-PSOE) para trasladar esta inquedanza. Tamén tiñan intención de transmitirlla aos outros dous partidos da Corporación (PBBI e Suma Ribeira).

 

Sen queixas

Por outra banda, os traballadoras da EDAR aseguraron que fai moito tempo que non reciben ningunha queixa por cheiros ou outros problemas derivados do funcionamento da depuradora.