O ENTORNO DO CONCELLO ALBERGA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O ENTORNO DO CONCELLO ALBERGA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

Escrito el 20/01/2020


O entorno da Casa Consistorial de Riveira vai albergar ao longo desta semana unha exposición didáctica dedicada aos efectos do cambio climático.

 

Promovida pola Xunta por medio da Dirección Xeral de Calidade e Ambiental e Cambio Climático, trátase dunha mostra de carácter itinerante na que a través de 17 paneis se explican todo tipo de cuestións relacionadas co cambio climático en Galicia, tales como os custes ambientais que supoñen, os hábitos que a nivel doméstico é preciso mudar para facerlle fronte ou as políticas públicas a implementar.

 

A mostra será exhibida ata o vindeiro venres coa previsión de distribuíla tanto polo hall do consistorio como pola praza do Concello. Hoxe non foi posible implantala ao aire libre polo fortísimo vento reinante.