ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA ESTRADA DA PERDIGOTEIRA EN ARTES

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA REPOSICIÓN DO PAVIMENTO ASFÁLTICO NA ESTRADA DA PERDIGOTEIRA EN ARTES

Escrito el 21/01/2020


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira, na parroquia de Artes.

 

Había once ofertas presentadas ,das cales a que obtivo unha mellor clasificación resultou a empresa Nemesio Ordóñez, S.A.. A actuación comporta un investimento de 51.927 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

 

O vial obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un firme de calzada en aglomerado asfáltico bastante de deteriorado, especialmente nalgúns tramos. O obxectivo principal que se persegue reside en mellorar o firme a través dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor.

 

Con tal motivo, o proxecto técnico conleva a limpeza das marxes e acondicionamento da superficie, a aplización da capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 866 toneladas, o recrecido de tapas de rexistro á cota do novo pavimento e o pintado da sinalización viaria.