O CONCURSO DE ESCAPARATISMO E DECORACIÓN HOSTALEIRA DE NADAL PROMOVIDO POR EMPRESARIOS E CONCELLO RECIBIU 1.569 VOTOS

O CONCURSO DE ESCAPARATISMO E DECORACIÓN HOSTALEIRA DE NADAL PROMOVIDO POR EMPRESARIOS E CONCELLO RECIBIU 1.569 VOTOS

Escrito el 21/01/2020


O Concurso de Escaparatismo do Comercio e Decoración Hostaleira de Nadal que coorganizaron a Asociación de Empresarios e o Concello de Riveira aglutinaron un total de 1.569 votos, de acordo co escrutinio levado a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas por representantes de ambas entidades.

 

En próximas datas revelarase a identidade do negocio gañador e entragarase in situ un obsequio co que distinguir que fose o preferido polos veciños e visitantes que se animaron a participar neste certame.

 

Vale de 100 euros

De igual xeito, durante o escrutinio se dou a coñecer tamén o número do vale agraciado con 100 euros a consumir no comercio local. Este número foi o 0651. Para poder recibilo, a persoa gañadora debe achegarse antes do martes 10 de febreiro á sede da Asociación de Empresarios e presentar o boleto co número premiado, en horario de luns a xoves de 9 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas e o venres en horario continuado de 9 a 15 horas.

 

Hai tamén os seguintes números suplentes:

  1. 1929
  2. 0039
  3. 1952
  4. 0856
  5. 0512