Grupo Naturgy informa de posibles cortes do subministro eléctrico mañá xoves nas parroquias de Lesende, Lousame e Vilacoba

Grupo Naturgy informa de posibles cortes do subministro eléctrico mañá xoves nas parroquias de Lesende, Lousame e Vilacoba

Escrito el 22/01/2020


O Concello de Lousame vén de recibir unha comunicación do Grupo Naturgy no que informa de que mañá xoves 23 de xaneiro, de 8:00 a 13:00 horas, deixará fora de servizo unha serie de instalacións, “o que pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo”. A eléctrica informa que a actuación débese á realización de “traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona”.

 

De acordo coa comunicación do Grupo Naturgy, as instalacións eléctricas afectadas polos posibles cortes emprázanse nas parroquias de Lesende, Lousame e Vilacoba, concretamente nos lugares de Afeosa, Aguieira, Cairo, Castro, Cerquides, Comparada, Lesende, San Martiño, Cabanetán, Marselle, Mirón, Quintáns-Lesende, Béxeres, Horta, Quintáns, Servia, Soutorredondo, Vilacoba, Santa Eulalia, Camiño Vilacoba, Estrada L-301 (Noia-Padrón) e Vilar de Reconco.

 

Para calquera incidencia, os veciños e veciñas poden contactar co Grupo Naturgy a través do teléfono 900 333 999.