O CONCELLO DE RIVEIRA CONMEMORARÁ O DÍA DE ILUSTRACIÓN CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

O CONCELLO DE RIVEIRA CONMEMORARÁ O DÍA DE ILUSTRACIÓN CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS

Escrito el 24/01/2020


Mañá sábado no Centro Cultural Lustres Rivas anexo á Biblioteca Local terá lugar unha nova función contacontos coa fin de conmemorar o Día da Ilustración.

 

Trátase de “Maruja Mallo. Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, que representará Correo do Vento. A sesión incluirá un obradoiro de debuxo para nenas e nenos de 3 a 12 anos

 

A actividade dará comezo ás 12 do mediodía e está promovida dende a Concellería de Educación a través do Servizo Municipal de Normalización Lingüística.