O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ALBERGARÁ UN TALLER DE GRAVACIÓN DE CURTAS INSPIRADAS EN OBRAS DE ARTE DO CAMIÑO XACOBEO

O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ALBERGARÁ UN TALLER DE GRAVACIÓN DE CURTAS INSPIRADAS EN OBRAS DE ARTE DO CAMIÑO XACOBEO

Escrito el 24/01/2020


A partir de mañá sábado o Espazo Xuvenil de Riveira situado no edificio do mercado vai albergar unha nova acción destinada a mocidade titulada “Sábados de cinema no Espazo Xuvenil. Riveira no Camiño. O Teu Xacobeo.

 

Trátase dun workshop de gravación de curtametraxes que se prolongará durante todos os sábados ata o mes de abril, en horario de 17 a 21 horas. A de mañá será unha primeira toma de contacto para explicar o contido do proxecto.

 

A Orixe

Ao longo do taller se realizará un piloto a partir dunha peza de recoñecida sona vencellada ao Camiño de Santiago. Este piloto estará baseado na obra “Pórtico da Gloria” de Villaamil cuxa presentación dará pé ao estudo das obras de arte xacobeas, facendo fincapé nas que nos rodean ao camiño de Santiago que nace en Corrubedo, A Orixe.

 

Do cadro ao vídeo, do intre ao movemento, os asistentes irán indagando no contexto da obra plástica: cales foron os momentos no seu caso, as circunstancias que levaron á creación do intre reflectido na obra plástica… o contexto segundo o artista ou segundo a escena representada na obra.

 

Trátase de observar a obra e deixala fluír, contar o antes ou o despois, de ficcionar unha obra plástica partindo dun flash, do intre e deixar fluír o movemento. A historia pode partir dun guión inventado ou adaptación do realmente acontecido se temos referencias.