ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA PAVIMENTACIÓN DE TRES CAMIÑOS EN SIRVES NA PARROQUIA DE OLVEIRA CON 120.000 EUROS DE INVESTIMENTO

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA PAVIMENTACIÓN DE TRES CAMIÑOS EN SIRVES NA PARROQUIA DE OLVEIRA CON 120.000 EUROS DE INVESTIMENTO

Escrito el 23/01/2020


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación consistente na pavimentación de tres camiños situados no lugar de Sirves na parroquia de Olveira.

 

A empresa que obtivo a mellor clasificación resultou ser Nemesio Ordóñez, S.A.. A execución das obras comporta un investimento de 119.972  euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Obras e Servizos Provincial. O seu prazo de execución son tres meses.

 

O obxectivo que se persegue con este proxecto consiste en mellorar os firmes actuais de tres viais a base dunha nova pavimentación asfáltica en quente de entre cinco e seis centímetros de espesor.

 

Con tal motivo, será preciso acondicionar unha superficie de 7.050, 2.115 e 230 metros cadrados, respectivamente. Para isto estenderase un total de 304 toneladas dunha mestura bituminosa.