A IDENTIDADE DA PERSOA GAÑADORA DO XLV PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO DESVELARASE ESTE SÁBADO NO SALÓN DE PLENOS DE RIVEIRA

A IDENTIDADE DA PERSOA GAÑADORA DO XLV PREMIO MODESTO R. FIGUEIREDO DESVELARASE ESTE SÁBADO NO SALÓN DE PLENOS DE RIVEIRA

Escrito el 23/01/2020


Este sábado 25 de xaneiro desvelarase a identidade de persoa gañadora do XLV Premio Modesto R. Figueiredo nun acto que terá lugar no salón de plenos do Consistorio local a partir das 18 horas.

 

De acceso libre, o evento estará presidido polo alcalde de Riveira e contará xa coa presenza tanto do autor ou autora galardoada como doutros participantes, entre eles o presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Xosé Ramón Fandiño, o secretario do xurdo David Otero e o mantedor Antonio Piñeiro.

 

Amenización musical

Ademais, a cita estará amenizada cunha intervención do pianista Yuri Durán, habitual noutras citas como foi o caso recente dos últimos Premios Atlante de Gravado.

 

Cómpre lembrar que foron presentadas un total de 39 obras a este certame, o Premio Modesto R. Figueiredo, que figura entre os máis prestixiosos da literatura galega contemporánea.

 

O xurado estivo composto por Xosé Ramón Fandiño Veiga, presidente do Pedrón de Ouro; Antonio Piñeiro, en representación do Concello; Ruben Eyré, polo PEN Clube de Escritores de Galicia; Agustín Agra, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega; e José Carou, gañador da edición do 2018 e como representante da Fundación do Pedrón de Ouro. Actuou como secretario David Otero, secretario do Pedrón de Ouro.

 

De acordo coas bases do certame, a obra gañadora está premiada con 1.000 euros e cabe a posibilidade de que haxa ata dous segundos premios (accésits), cada un dos cales está dotado con 400 euros. O concurso está dirixido a autores e autoras de calquera nacionalidade, cunha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.

 

Nacido en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro, o seu primeiro gañador foi Xoán Ignacio Taibo co relato “A enquisa”. Tras o falecemento do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo, vicepresidente do Pedrón de Ouro, adoptou o nome deste a partir aa súa terceira edición. Na nómina de gañadores figuran literatos de tanta sona como Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Alcalá, Anxel A. Rei Ballesteros, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Riveiro Loureiro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Miguel Anxo Fernán Vello, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Roman Raña Lama, Antón Castro, Ánxeles García Sumay, Ramiro Fonte, Miro Villar, Ramón Nicolás Rodríguez, Luísa Villalta, Helena Villar Janeiro, Antón Riveiro Coello, Lino Braxe Mandiá, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros Díaz, Luís González Tosar, Inma López Silva, Antón Rodríguez López, Beatriz Dacosta Molares, Emma Pedreira, María Esther Fernandez Carrodeguas, Begoña Paz Rey...