RODRIGO VILA E O MARTÍN CASTRO TOCARON UN CONCERTO A DÚO NO CONSERVATORIO

RODRIGO VILA E O MARTÍN CASTRO TOCARON UN CONCERTO A DÚO NO CONSERVATORIO

Escrito el 27/01/2020


O profesor da Aula Galega de Saxofón Rodrigo Vila e o ex alumno Martín Castro protagonizaron o pasado venres un concerto a dúo no Conservatorio de Riveira ‘Enrique Paisal” no marco desta iniciativa que reúne unha vez ao mes no noso municipio a alumnos e alumnas procedentes de centros formativos de toda a xeografía autonómica para perfeccionarse no uso deste instrumento de vento.

 

Rodrigo Vila recalou en Riveira despois dunha intensa semana de masterclass en Boston (USA), e Martín Castro, ex alumno do Conservatorio de Riveira e da Aula Galega de Saxofón, de Viena.

 

Entre os asistentes figurou a concelleira de Educación de Riveira, Juana Brión.