VINTECINCO VECIÑOS PARTICIPARON NUN CURSO DE PODA DE FROITEIRAS DE ÓSO E PEPITA

VINTECINCO VECIÑOS PARTICIPARON NUN CURSO DE PODA DE FROITEIRAS DE ÓSO E PEPITA

Escrito el 27/01/2020


Un total de 25 veciños participaron o xoves e o venres nun curso de poda de froiteiras de óso e pepita. Impartida por Carme Freire, a parte teórica foi impartida nas aulas formativas de Servizos Sociais situadas na rúa Cristóbal Colón e a práctica nunha horta da parroquia de Santa Uxía.

 

Tal foi o éxito da iniciativa (xa o ano pasado levouse a cabo outra similar) que dende os Servizos Sociais Comunitarios se está a traballar na organización dun segundo curso de poda, xa que non se puideron satisfacer todas as solicitudes de inscrición cursadas.