COMEZA A AGARDADA ACTUACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUNHA NOVA REDE SEPARATIVA DE PLUVIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE XARÁS

COMEZA A AGARDADA ACTUACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUNHA NOVA REDE SEPARATIVA DE PLUVIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE XARÁS

Escrito el 27/01/2020


O Concello de Riveira informa do inicio das obras destinadas á instalación dunha nova rede de pluviais no polígono de Xarás: unha agardada actuación tal e como se observou na xunta de voceiros do pasado día 15 de xaneiro, posto que esta intervención separativa, sumada a outra dirixida á mellora da impulsión das bombas ubicadas nas proximidades de García Bayón, contribuirá a evitar que augas industriais finalicen na rede urbana que conduce á EDAR de Couso.

 

Operarios da empresa Excavacións Nima iniciaron os traballos para a execución deste proxecto, que inclúe a instalación de colectores de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro en ambas marxes das rúas principais do parque industrial ata alcanzar un total de 1.484 metros de lonxitude de tuberías.

 

Ademais, nos cruces de colectores situaranse 35 pozos de rexistro e tamén se instalarán 35 arquetas sumidoiro e 56 acometidas de pluviais.

 

A intervención comporta un investimento de 131.018 euros, IVE incluído.