UN TOTAL DE 21 OFERTAS PRESENTADAS Á LICITACIÓN DA PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS EN PEDRA DO PINO EN CORRUBEDO

UN TOTAL DE 21 OFERTAS PRESENTADAS Á LICITACIÓN DA PAVIMENTACIÓN E INSTALACIÓN DE PLUVIAIS EN PEDRA DO PINO EN CORRUBEDO

Escrito el 28/01/2020


O Concello de Riveira informa de que un total de 21 propostas foron presentadas á actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na zona coñecida como Pedra do Pino, no contorno da praia da Ladeira en Corrubedo. Hoxe martes tivo lugar o acto público de apertura de ofertas por parte da mesa de contratación.

 

A actuación comprende dous viais, un con pavimento de terra e outro con aglomerado asfáltico en mal estado e con sobreanchos en terra ata os peches colindantes.

 

O proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello inclúe os seguintes traballos:

 

  • No vial principal que enlaza por un lado coa estrada de entrada ao pobo e por outro coa rúa das Delicias se instalará unha rede para drenaxe de pluviais consistente en dous tubaxes de 315 milímetros de diámetro e 156 e 250 metros de longo que descorrerán polo centro da calzada. En canto ao outro vial a solución adoptada é a construción de cunetas.

 

  • No que se refire á pavimentación, realizarase con aglomerado asfáltico en quente nuha superficie de 3.841 metros cadrados, incluíndo os sobreanchos. Ademais, nunha determinada zona se construirá un tramo de 125 metros de longo de beirarrúas a base de baldosa hidráulica e bordillo prefabricado de formigón.

 

O prazo de execución son tres meses e as obras comportan un investimento de 118.133,85 euros, IVE incluído, financiadas no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

Hai que recordar que no outono do ano pasado tivo lugar unha primeira intervención en Pedra do Pino dirixida á instalación de saneamento.