UN TOTAL DE 21 OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS PARA A PAVIMENTACIÓN E A INSTALACIÓN DUNHA REDE DE PLUVIAIS NO VILAR EN CARREIRA

UN TOTAL DE 21 OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS PARA A PAVIMENTACIÓN E A INSTALACIÓN DUNHA REDE DE PLUVIAIS NO VILAR EN CARREIRA

Escrito el 30/01/2020


O Concello de Riveira informa de que concluído o prazo de presentación foron 21 o número de ofertas presentadas ás obras para a pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo do Vilar, situado na parroquia de Carreira.

 

Na actualidade, as rúas onde se vai facer a intervención son de formigón e nelas se observan danos importantes, como disgregacións ou socavóns no firme. Para corrixir esta situación, redactouse un proxecto que inclúe as seguintes accións:

 

  • Pavimentación con formigón pulido intercalado con franxas de adoquín de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual.
  • Instalación de dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais de construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

 

O importe desta actuación ascende a 74,057 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son tres meses.