AMIGOS DE GALICIA PROMOVEU DOUS CURSOS PARA A INTEGRACIÓN LABORAL DAS MULLERES

AMIGOS DE GALICIA PROMOVEU DOUS CURSOS PARA A INTEGRACIÓN LABORAL DAS MULLERES

Escrito el 31/01/2020


A sede do Centro de Información á Muller de Riveira foron escenario este mediodía da entrega de diplomas de dúas accións promovidas pola Fundación Amigos de Galicia en aras a inserción laboral das asistentes.

 

Dunha parte, tivo lugar o programa Em-Femenino, itinerario dirixido a promover á equidade de oportunidades para as persoas que por razóns vinculadas co seu xénero teñen maiores dificultades de acceso ao emprego. E doutra parte, un curso de repoñedora de grandes superficies.

 

Para a entrega de diplomas estiveron presentes o director de Amigos de Galicia, Jesús Busto, e a concelleira de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Ruiz. Aos cursos acudiron 22 usuarias, se ben non todas estiveron presentes no acto de hoxe xa que algunhas delas lograron un posto de traballo.