O Día Mundial Contra o Cancro, 4 de febreiro, tinguirá de verde o Concello de Ribeira en solidariedade coas persoas afectadas polo cancro.

O Día Mundial Contra o Cancro, 4 de febreiro, tinguirá de verde o Concello de Ribeira en solidariedade coas persoas afectadas polo cancro.

Escrito el 03/02/2020


A Xunta Local de Ribeira Contra o Cancro este martes, 4 de febreiro, instalará na Rúa Rosalía de Castro de 11.00 h ás 13.00 h e de 17.00 a 19.00 h, unha mesa informativa sobre o quefacer da asociación, na que se darán a coñecer os seus servizos de apoio psicolóxico, atención social e orientación sanitaria, así como o reparto  de folletos conmemorativos desta campaña.

A campaña informativa diríxese a toda a poboación para poñer a atención naquilo que cadaquén podemos facer en torno ao cancro, en materia de prevención, extensión do coñecemento, apoio a persoas enfermas e familiares, achegas económicas dirixidas á investigación...

O día 4 de febreiro ás 21.00 h a fachada da Casa do Concello de Ribeira iluminarase en verde, para dar apoio á campaña de prevención da asociación.