DETIDOS DOUS INDIVIDUOS QUE TRATABAN DE ROUBAR NUN ESTABLECEMENTO HOSTALEIRO DO BARRIO RIVEIRENSE DO MONUMENTO

DETIDOS DOUS INDIVIDUOS QUE TRATABAN DE ROUBAR NUN ESTABLECEMENTO HOSTALEIRO DO BARRIO RIVEIRENSE DO MONUMENTO

Escrito el 03/02/2020


A Policía Local de Riveira informa de que na pasada madrugada foron detidos dous individuos mentres trataban de roubar nun establecemento hostaleiro situado no barrio do Monumento en Santa Uxía.

 

Os feitos producíronse en torno ás dúas da mañá, cando axentes riveirenses colleron in fraganti  aos suxeitos mentres practicaban presuntamente o robo con forza. Para a captura resultou decisiva a colaboración veciñal que alertou sobre os feitos.

 

Os detidos quedaron na comisaría á espera de ser postos a disposición xudicial.