VINTEDÚAS OFERTAS PARA UNHA TRIPLA ACTUACIÓN PARA MELLORAR O TRÁNSITO PEONIL EN IÑEIRAS, LORENZO MARIÑO E ABESADAS

VINTEDÚAS OFERTAS PARA UNHA TRIPLA ACTUACIÓN PARA MELLORAR O TRÁNSITO PEONIL EN IÑEIRAS, LORENZO MARIÑO E ABESADAS

Escrito el 05/02/2020


O Concello de Riveira informa de que foron 22 as ofertas presentadas a unha tripla intervención que permitirá mellorar a seguridade viaria e o tránsito peonil en tres puntos do municipio: o lugar de Iñeiras, situado en Olveira; a rúa Francisco Abesadas, en Aguiño; e As Abesadas, en Santa Uxía.

 

Polo que respecta a Iñeiras, a zona na que se vai realizar a intervención consta dunhas beirarrúas feitas en zahorra compactada que van ser demolidas e substituídas por outras a base de formigón pulido, intercalado con franxas de adoquín de formigón. Terán unha lonxitude de 500 metros.

 

Polo que respecta á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

 

Por último, no que se refire a Abesadas, na área na que se vai actuar, sita xunto á rotonda da Poutada, existe un pavimento de terra. Ao igual que no punto sinalado no parágrafo anterior, coa fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros.

 

O importe da triple actuación ascende a 68.475,09 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

 

O prazo de execución son dous meses.