LA URBANA STORE, GAÑADOR DO CONCURSO DE ESCAPARATISMO E DECORACIÓN HOSTALEIRA

LA URBANA STORE, GAÑADOR DO CONCURSO DE ESCAPARATISMO E DECORACIÓN HOSTALEIRA

Escrito el 06/02/2020


A tenda de moda La Urnana Store resultou a gañadora do Concurso de Escaparatismo do Comercio e Decoración Hostaleira de Nadal coorganizado pola Asociación de Empresarios e o Concello de Riveira.

 

Así o decidiron os votantes, que escolleron este negocio entre os 27 establecementos participantes tal e como se comprobou ao efectuar o correspondente escrutinio no Centro Cultural Lustres Rivas o 21 de xaneiro.

 

O alcalde Manuel Ruiz e o presidente do colectivo empresarial, Francisco Martínez; así como os concelleiros Ramón Doval e María Sampedro, desprazáronse ata a tenda situada no número 27 da rúa Galicia para entregar a Álvaro Muñiz, propietario de La Urbana Store, o obsequio e o diploma conmemorativos do certamo, ideado coa fin de contribuír á dinamización do tecido comercial do municipio.