PROCESOS SELECTIVOS PARA FORMAR UNHA LISTAXE DE 12 AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL E UNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS DO GAEM

PROCESOS SELECTIVOS PARA FORMAR UNHA LISTAXE DE 12 AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL E UNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS DO GAEM

Escrito el 06/02/2020


O Concello de Riveira informa de que no Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe saen publicados sendos anuncios de convocatoria de procesos selectivos para, por unha parte, a formación dunha listaxe para a contratación temporal de 12 auxiliares de policía local e, por outra, para a creación dunha bolsa de emprego para a contratacións de peóns adscritos ao GAEM (Grupo de Acción e Emerxencias Municipal).

 

Así, no primeiro dos supostos, é obxecto da convocatoria a formación dunha listaxe para a contratación laboral temporal, a través do proceso de selección de oposición libre, de 12 auxiliares de policía local que desempeñerán as funcións de apoio e de auxilio aos membros do Corpo de Policía Local no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade. As contratacións iranse realizando ao longo do ano natural 2020, en función das necesidades que teña este municipio en determinados períodos estacionais.

 

O prazo para tomar parte no proceso selectivo nos termos explicados no anuncio no BOP é de 10 días hábiles.

 

En cantos aos peóns para o GAEM, perséguese a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal, a través do sistema selectivo de oposición, dun posto correspondente a esta categoría por mor da ausencia do titular do mesmo.

 

Neste caso, o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles.