PAVIMENTADOS SETE CAMIÑOS LOCALIZADOS NOS AREEIROS NA PARROQUIA DE CASTIÑEIRAS

PAVIMENTADOS SETE CAMIÑOS LOCALIZADOS NOS AREEIROS NA PARROQUIA DE CASTIÑEIRAS

Escrito el 06/02/2020


O Concello de Riveira informa da realización dunha actuación consistente na pavimentación de sete camiños situados no lugar dos Areeiros.

 

Os viales están emprazados nas inmediacións da estrada DP 7307 que une Riveira e Aguiño ao seu paso pola parroquia de Castiñeiras.

 

Aínda que presentaban un firme de aglomerado, atopábanse en mal estado, razón pola cal se estenderon nos sete camiños  (de 132, 12, 24, 37, 29, 54 e 70 metros de lonxitude) unha mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. Como paso previo á conclusión da obra falta o marcado da sinalización viaria e o recrecido das tapas de rexistro.

 

A obra foi executada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A., e supuxo un investimento de 22.958 euros.