OVIDIO RODEIRO INFORMOU QUE A XUNTA APOIOU NA COMARCA DO BARBANZA A 42 AUTÓNOMOS CON AXUDAS DE MÁIS DE 104.000€

OVIDIO RODEIRO INFORMOU QUE A XUNTA APOIOU NA COMARCA DO BARBANZA A 42 AUTÓNOMOS CON AXUDAS DE MÁIS DE 104.000€

Escrito el 08/02/2020


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución do Bono Autónomo na área do Barbanza. Concretamente, nesta comarca recibiron, no 2019, estas axudas 42 persoas e as achegas totais foron de máis de 104.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.

 

Ovidio Rodeiro destacou en relación coa convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que “son partidas de ata 3000 euros para apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses”.

 

A actuación contou con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén aprobaron axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

 

Financiáronse, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.

 

 

 

 

CONCELLO

Nº CONCESIÓNS

IMPORTE CONCESIÓNS

BOIRO

14

                                 35.086,68 €

CARNOTA

5

                                 10.300,14 €

LOUSAME

1

                                      2.724,00 €

MUROS

3

                                   7.408,80 €

NOIA

1

                                      2.064,39 €

OUTES

6

                                 17.336,00 €

POBRA DO CARAMIÑAL, A

3

                                   6.696,85 €

RIANXO

3

                                   8.488,00 €

RIBEIRA

6

                                 14.509,55 €

TOTAL

42

                              104.614,41 €