O CONCELLO DE RIVEIRA CONMEMORARÁ O DÍA DA LINGUA MATERNA CUNHA FUNCIÓN CONTACONTOS PARA BEBÉS CON RAQUEL QUEIZÁS

O CONCELLO DE RIVEIRA CONMEMORARÁ O DÍA DA LINGUA MATERNA CUNHA FUNCIÓN CONTACONTOS PARA BEBÉS CON RAQUEL QUEIZÁS

Escrito el 10/02/2020


Co obxecto de conmemorar a proclamación pola UNESCO do Día Internacional da Lingua Materna, o Concello de Riveira vai organizar a través do seu Servizo Municipal de Normalización Lingüística unha actividade especial consistente nunha función contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás.

 

A acción, que levará por título “Toin Toin”, terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 12 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. “Toin Toin” é un espectáculo de contos con monicreques de mesa, acompañado de instrumentos musicais sinxelos, para gozo dos máis pequenos da casa.

 

Inscricións

Para asistir co seu bebé é preciso inscribirse chamando ao teléfono 981835650 de 9.00 a 14.00 h, ou enviando un correo electrónico a normalizacion@riveira.com. A actividade está dirixida para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias, por suposto os irmanciños maiores poderán asistir e de seguro quedarán tamén encantados da experiencia.