OITO OFERTAS NA PAVIMENTACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANCORTES E DO CEMITERIO DE OLEIROS

OITO OFERTAS NA PAVIMENTACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANCORTES E DO CEMITERIO DE OLEIROS

Escrito el 10/02/2020


O Concello de Riveira informa de que un total de nove ofertas foron presentadas á actuación consistente na pavimentación de dous camiños situados en Oleiros: o do lugar de Sancortes e o que desemboca no cemiterio desta parroquia.

 

Ambos posúen un firme de aglomerado asfáltico bastante deteriorado nalgúns tramos, polo que se considerou a conveniencia de executar esta obra coa fin de mellorar os seus firmes cunha nova pavimentación.

 

Así, no que se refire ao camiño de Sancortes, aplicarase unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros na calzada (980 metros cadrados), previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie e extensión de zahorra artificial nos sobreanchos.

 

Polo que respecta ao camiño do cemiterio, a mestura de bituminosa en quente a aplicar é de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 2.147 metros cadrados. Ao igual que no outro vial, con antelación limparanse as marxes, adecuarase a superficie e botarase zahorra artificial nos sobreanchos.

 

O importe desta actuación ascende a 46.587,89 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.