A XUNTA INFORMA ÁS PEMES E AUTÓNOMOS DE BOIRO DAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS Á SÚA DISPOSICIÓN PARA IMPULSAR OS SEUS NEGOCIOS

A XUNTA INFORMA ÁS PEMES E AUTÓNOMOS DE BOIRO DAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS Á SÚA DISPOSICIÓN PARA IMPULSAR OS SEUS NEGOCIOS

Escrito el 11/02/2020


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Boiro nunha xornada empresarial con pemes e autónomos na que se informou dos diferentes programas de axudas que a Xunta ten activos para impulsar a competitividade do tecido produtivo e a creación de emprego.

 

No encontro, celebrado en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, Conde sinalou o dinamismo empresarial do municipio, que conta con máis de 2000 empresas, e apuntou que, se se busca que ese número se fortaleza e medre, debe impulsarse a estratexia 4.0, a dixitalización e as novas tecnoloxías; ofrecer formación aos profesionais para que melloren a súa cualificación; e diversificar os produtos para chegar a máis mercados.

 

O conselleiro lembrou na súa intervención que Boiro forma parte dos Concellos Emprendedores, que ofrecen incentivos ás empresas que queren asentarse nos seus municipios e que teñen prioridade no acceso a diferentes convocatorias de axudas.

 

O conselleiro fixo fincapé en que é preciso que as empresas gañen en tamaño se queren seguir sendo competitivas nos diferentes mercados, e referiuse a programas de apoios con prazos de solicitude abertos como os destinados aos autónomos, a impulsar o financiamento empresarial ou para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais.