DOCE OFERTAS PRESENTADAS Á INSTALACIÓN DUNHA REDE DE SANEAMENTO CON POZO DE BOMBEO NA RÚA DOS BOLOS EN AGUIÑO

DOCE OFERTAS PRESENTADAS Á INSTALACIÓN DUNHA REDE DE SANEAMENTO CON POZO DE BOMBEO NA RÚA DOS BOLOS EN AGUIÑO

Escrito el 12/02/2020


O Concello de Riveira informa de que un total de doce ofertas foron presentadas á actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos, así como na vía transversal, ambas situadas na parroquia de Aguiño.

 

A zona en cuestión carece de rede de saneamento, razón pola cal elaborouse un proxecto técnico dirixido a instalar este servizo. A tal efecto instalarase en primeiro lugar dúas tubaxes tipo SN4: unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo e outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude.

 

A través destes colectores se conducirán as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario 3,50 m3/h. Dende aquí as augas se impulsarán por medio dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 metros de longo e 63 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral. Tamén se colocarán 6 pozos de rexistro separados cada 40 metros aproximadamente.

 

Pavimentacións

A rúa dos Bolos será pavimentada con aglomerado en quente e na vía transversal se reporá a zanxa con pavimento de formigón.

 

O importe desta actuación ascende a 45.789 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018.

 

O prazo de execución son dous meses.