RECEPCIÓN AO CLUB DE PÁDEL RIVEIRA NO SALÓN DE PLENOS DO CONSISTORIO MUNICIPAL

RECEPCIÓN AO CLUB DE PÁDEL RIVEIRA NO SALÓN DE PLENOS DO CONSISTORIO MUNICIPAL

Escrito el 17/02/2020


O salón de plenos do consistorio riveirense acolleu esta pasada fin de semana unha recepción dos integrantes do Club de Pádel Riveira, que veñen de iniciar unha nova andadura con Andrés Santiago Hermo como presidente.

 

O elenco foi recibido polo alcalde Manuel Ruiz, a tenente de alcalde María Sampedro e a concelleira de Deportes Juana Brión. Os asistentes presentaron as súas novas equipacións coas que disputarán os seus futuros retos deportivos. Con sede no Centro de Raqueta de Coroso, o Club de Pádel Riveira conta con dous equipos masculinos e un feminino.

 

Durante o encontro púxose de manifesto que lonxe de ser un deporte elitista como podería ser ao principio, a práctica do pádel está a gañar cada vez máis adeptos na nosa contorna.

 

O evento pechouse cunha foto de familia.