MÁIS DE 500 ESTUDANTES DE PRIMARIA DE RIVEIRA ASISTIRÁN MAÑÁ A UN ESPECTÁCULO TEATRAL NO AUDITORIO PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA

MÁIS DE 500 ESTUDANTES DE PRIMARIA DE RIVEIRA ASISTIRÁN MAÑÁ A UN ESPECTÁCULO TEATRAL NO AUDITORIO PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA

Escrito el 17/02/2020


Mañá martes, como cada ano, o Concello de Riveira propón unha actividade na que recordar a Rosalía de Castro dirixida ao alumnado de primaria.

 

O Día de Rosalía conmemórase o 24 de febreiro, data do seu nacemento no 1837. Este ano como a data cadra co Entroido en período non lectivo, a proposta de homenaxe e formación en torno á insigne escritora vaise realizar para o alumnado de primaria o día 18 de febreiro.

 

Esta homenaxe terá lugar a través dun espectáculo teatral de Xarope Tulú que levará por título “Rilla Rilla”. Haberá dous pases no Auditorio Municipal, un ás 10 e outro ás 12 horas. Asistirán en total máis de 500 nenos e nenas de todos os centros de primaria do municipio.

 

Ao rematar o espectáculo farase unha pequena reflexión sobre a figura de Rosalía, leremos en común o seu poema “Cantarte hei, Galicia” de Cantares Gallegos, e rematarase co “Parabéns para ti” como celebración deste especial aniversario, 183 anos!

 

O espectáculo, “Rilla Rilla” resulta moi acaído para dar voz a Rosalía, pois fala da lingua viva, da realidade oral da que Rosalía bebeu na súa obra. Trátase dunha obra na o público participa en todo momento cos actores, para pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma, a riqueza da lingua e a través do relato vaise mergullando nun mundo de seseos, gheadas, rotacismos, un lugar con idiosincrasia propia que estivo aí sempre e ao que poucas veces lle poñemos atención. As ondas e o salitre levan o público, que, ao lugar das palabras esquecidas.