COGAMI inicia curso de Xestión Almacén en Boiro para persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de Xestión Almacén en Boiro para persoas con discapacidade

Escrito el 18/02/2020


A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un curso de Xestión Almacén  que se imparte no centro social do concello de Boiro, situado na rúa Manuel María, nº 1.

 

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 200 horas de teoría e práctica que se imparten ata o día 15 de abril, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: informática, operacións auxiliares de almacenaxe, preparación de pedidos, carretilla elevadora, manipulación alimentos, ademais de 50 horas de prácticas non laborais que se imparten dende o 31 de marzo e ata o 15 de abril en empresas da zona que colaboran con COGAMI para a formación.

 

O curso inicia con 10 persoas, 1 muller e 9 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 19 e os 60 anos, que proceden dos concellos Noia, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro e Rianxo. O obxectivo xeral desta acción formativa é proporcionar ao alumnado o coñecemento das  técnicas de almacenaxe, preparación de pedidos e utilización da carretilla elevadora

 

A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como transporte mercadorías, automoción, conserveiro, comercio e medio ambiente

 

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 464 persoas inscritas na comarca da Barbanza.