CINCO ESTUDANTES DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN TOCARÁN NO MALLORCA SAXOPHONE FESTIVAL

CINCO ESTUDANTES DA AULA GALEGA DE SAXOFÓN TOCARÁN NO MALLORCA SAXOPHONE FESTIVAL

Escrito el 19/02/2020


Esta pasada fin de semana tivo lugar un novo encontro da Aula Galega de Saxofón.

 

O mestre Rodrigo Vila ofreceu un concerto no salón de actos do Conservatorio riveirense no que incluía transcricións e obras orixinais para saxofón alto e soprano. Obras de Johann Sebastian Bach, Luciano Berio, François Rossé e Javier Girotto puideron ser escoitadas e desfrutadas polo público asistente.

 

I-An Chen

No vindeiro encontro da Aula, en marzo,  tamén haberá concertos xa que estará en Riveira de novo a pianista I-An Chen, unha das máis recoñecidas pianistas no repertorio do saxofón.

 

I-An acompañará aos alumnos da Aula e a o propio Rodrigo Vila os días 19 e 20 do vindeiro mes e unha semana despois 5 alumnos viaxarán ata o Mallorca Saxophone Festival para participar cun concerto na "Tribuna de jóvenes Intérpretes" de dito festival.